Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Xornada informativa en Friol sobre as axudas aos afectados polos incendios

Por 7 Novembro, 2017Sin comentarios

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo remata este martes en Friol o ciclo de xornadas informativas que desenvolveu durante a última semana para achegar información detallada sobre as axudas habilitadas a todas as comarcas afectadas polos incendios forestais de outubro.

Os afectados da zona centro da provincia e da Terra Chá están citados no Centro sociocultural de Friol. O delegado territorial, José Manuel Balseiro, e técnicos dos diferentes departamentos implicados explicarán o amplo programa de subvencións posto en marcha polo Goberno autonómico.

Ao respecto, cabe lembrar que só a Consellería do Medio Rural establece sete liñas de axuda, e ademais acordou contemplar a posibilidade de conceder anticipos de ata o 50% do importe do total da axuda, que se farán efectivos unha vez realizada a notificación da subvención.