Skip to main content
Actualidade

Dous rapaces da Chaira, premiados no certame provincial de poesía

Por 19 Febreiro, 2018Sin comentarios

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria premiou a 14 rapaces e rapazas que resultaron gañadores da fase provincial do certame de poesía Nadal 2017, convocado pola Biblioteca Nodal en colaboración cunha vintena de bibliotecas públicas da provincia.

A entrega de premios celebrouse hoxe no salón de actos da Biblioteca Nodal e contou coa participación do delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro. Nese mesmo acto presentouse o libro que recolle os traballos gañadores do pasado ano.

Estes premios teñen unha fase local, na que cada biblioteca recoñece os mellores traballos presentados no seu ámbito e remíteos para competir na fase final que se dirime na Biblioteca Provincial de Lugo.

O xurado da fase provincial estivo integrado pola xefa do Servizo de Coordinación da Área Cultural da Consellería de Cultura e Educación, María José Gómez Rodríguez; a directora da Biblioteca Pública Provincial, Elena García, a escritora Marica Campo, e o xornalista Xulio Xiz, que actuou como secretario. O nenos e nenas premiados nas distintas categorías a concurso son os seguintes:

Categoría A (Ata 8 anos):

  • Felipe Martín De Burgos. 7 anos. Biblioteca Municipal de Barreiros
  • Candela García Rodríguez. 7 anos.Biblioteca Municipal das Nogais
  • Pablo García Martínez. 7 anos.Biblioteca Municipal de Foz

Accésits:

  • Sofía Rodríguez González. 7 anos. Biblioteca Municipal de Monforte de Lemos

Categoría B (9 A 11 Anos):

  • Samuel Maceira Carreira. 10 anos. Biblioteca Municipal de Xermade
  • María Vila Rochela. 9 anos. Biblioteca Municipal de Quiroga
  • Noa López Tallón. 9 anos. Biblioteca Municipal de Sarria

Accésits:

  • Uxía Arnejo Rolle. 10 anos. Biblioteca Municipal de Viveiro

Categoría C (12 a 16 anos):

  • Nuria Devesa Núñez. 13 anos. Biblioteca Pública de Lugo
  • Luana Valiña Piñeiro. 12 anos. Biblioteca Municipal de Sarria
  • Mª Ángeles Corredoira Díaz. 14 anos. Biblioteca Municipal da Pastoriza

Accésits:

  • Miguel Rodríguez Sánchez. 14 anos. Biblioteca Municipal de Monforte de Lemos
  • María Anastasia Fernández Martínez. 13 anos. Biblioteca Municipal de Foz
  • Claudia Carril Cabaleiro. 12 anos. Biblioteca Municipal de Lourenzá

Os premios están dotados con estatuíña de Sargadelos, lote de publicacións e diploma. Os accesits, que se conceden pola calidade e cantidade dos traballos presentados, con lotes de publicacións e diploma.