Skip to main content
Actualidade

Xornada amistosa de Billarda en Barreiros

Por 5 Marzo, 2018Sin comentarios

O campo da festa de San Miguel (Barreiros), nunha tarde fría e por veces con algo de choiva, acolleu o habitual torneo de billarda do San Rosendo. Grazas ao traballo de Peque, por parte da comisión, e de Manolito Flores un fato de palanadores déronse cita neste aberto que forma, xa por méritos propios, parte da programación da tempada da Liga Nacional de billarda da conferencias NorLeste.

Aínda que os resultados finais non contan para a clasificación da liga, pois o importante é pasar unha agradable xornada de billarda en deportiva amizade, si que hai sana loita por levarse os agasallos en xogo.

Nesta ocasión Manu Pozo (de Billardeiros Musicais) foi o primeiro e merecedor do lacón. Segundo foi o seu compañeiro de equipo Daniel, que se levou unha cachucha e terceiro quedou Muriego (de Remourelle Bulls), que levou una ristra de chourizos.