Skip to main content
ActualidadeTERRACHÁXA

O PP provincial acusa ao PSOE de converter a Deputación “nun circo”

Por 13 Abril, 2018Sin comentarios

A presidenta provincial, Elena Candia, presidiu hoxe a Xunta Directiva Provincial, na que fixo unha análise da situación vivida nos últimos días na Deputación de Lugo. A dirixente dos populares, que ademais é a voceira do Grupo Provincial do PP, falou alto e claro, e non dubidou en recoñecer que “os líos internos do PSOE converteron á Institución nun circo esperpéntico, no que os grandes prexudicados somos os lucenses”.

“Xa non serve que falen de informes, xa non serve que busquen culpables poque se demostrou que non foron capaces de entenderse cos seus socios de goberno, o Bloque Nacionalista Galego que rematou por abandonar o barco á mínima de cambio; que non foron capaces de entenderse co compañeiro de Becerreá, vicepresidente da Deputación e presidente de SUPLUSA que eles mesmo puxeron e, moitos nos tememos, que os que quedan tampouco se entenden entre eles. Unha situación que leva á Institución á unha deriva sen precedentes”, destacou

Por este motivo, Candia considera que os socialistas, “nun exercicio de responsabilidade, “deben asumir o que fixeron, alguén debe comparecer e incluso deben producirse dimisións”. “Os veciños merecemos un respecto e unhas desculpas públicas por tal comedia, como tamén as merecen todas esas persoas que acadaron unha praza para traballar nas residencias e, tres anos despois, seguen agardando nas súas casas para poder ocupar o seu posto de traballo”. De feito, apuntou, “seguen sen aclarar as sospeitas que existen sobre quen se vai beneficiar do xiro que lle deron á apertura dos centros; unhas acusacións, lembrou, vertidas polo propio vicepresidente da Institución ata onte e presidente de SUPLUSA”.

E é que o Grupo Provincial Socialista “non foi quen de cumprir a normalidade democrática que prometeran naquel apretón de mans entre Darío Campos e Martínez cando escenificaron un entendemento que, hoxe vemos que foi interesado, pero que nunca existiu como tal”. “O PSOE en Lugo é un avispeiro”, remarcou, ao tempo que cuestionou o liderado do presidente da Institución: “a provincia non se merce este Goberno. Crearon unha situación de ingobernabilidade que se houbera evitado se gobernara o Partido que gañou as eleccións”.

A renglón seguido, atribuíu tamén “este desastre” a un secretario provincial “que, en pouco tempo, está facendo bos aos anteriores”. “Cáeselle a Deputación, cáenselle os concelleiros de Sober que abandonaron o grupo municipal…. Que máis pode pasar neste Partido? E ninguén esixe responsabilidades?”, pregúntase, unha vez máis a presidenta provincial.

O BNG, “en continua descomposición”

A popular tamén tivo palabras para o Bloque Nacionalista Galego; un Partido, dixo, “en continua descomposición”. Proba delo é que “un día aparecen no Pleno, outro día non; a veces non queren votar, logo vanse da sesión….” Estas “idas e vidas dos nacionalistas”, amosan, unha vez máis, que “non son garantía para asumir responsabilidades na Deputación e, difícilmente, nos Concellos. De feito, só gobernan en dous. Por algo será…” apuntou Candia.

A do PP, a única postura “coherente” e a única forza estable

Pola contra, puxo en valor que o Partido Popular mantivo unha postura “coherente e construtiva en aras de cumprir a legalidade e os acordos adoptados para as residencias”. “O que non sería ético, nin responsable pola nosa parte sería que nun Consello de Administración se aprobase abrir o centro de Castroverde e logo chegar ao Pleno da Deputación, que xa sabemos que é órgano soberano, dicir o contrario”.

“A posición do PP sempre foi a do pacto e o diálogo, o que trouxo consigo a aprobación dos presupostos, o plan provincial de estradas ou a implantación do plan único. Non houbo un Partido máis leal a esta provincia que o do PP”.

Neste senso, destacou que o Partido Popular “somos a única forza capaz de dar estabilidade á provincia e ás institucións”. Tal é así, indicou que, “co que está a pasar, os lucenses de seguro que non teñen a menor dúbida de que non me equivoco nesta afirmación”.

Asemade, adiantou que “velaremos porque non bloqueen o funcionamento na institución e porque se goberne para todos”. “Este mandato pasará á historia pola súa inestabilidade e a incapacidade dos membros do PSOE para reconducir a situación”, concluíu.