Skip to main content
Colaboracións TERRACHÁXA

Carrachas, piollos e ácaros vermellos das aves de curral

Por 17 Agosto, 2018Xaneiro 30th, 2021Sin comentarios

Por  Breixo González

Hoxe imos  falar sobre duas pragas  que afectan as nosas aves de curral , as carrachas  e os piollosdas aves de curral .

Estas tres patoloxías parasitarias,son causantes de importantes perdas económicas e  que poden danar tanto o sistema inmune dos animais así como facelos susceptibles a padecer outras enfermidades , e en casos extremos , debido a acción patoxécica de estes parasitos poden causar a morte das nosas aves.

Argásidos (carracha blanda das aves)

Na gandería aviaria, o dano maior ocasionado polas carrachas brandas débese á perda de sangue, que pode ser fatal en casos de infestaciones masivas. Ademais, as carrachas das galiñas son vectores de enfermidades bacterianas como o cólera aviar. As carrachas brandas das galiñas pasan a maior parte do tempo agachadas en gretas e rendijas. Por tanto, o tratamento químico debe apuntar aos agochos. Os produtos que controlan aos piollos e aos ácaros controlan de ordinario ás garrapatas: Débese pulverizar a alta presión que asegure que o produto penetra nos agochos onde se esconden as garrapatas. Ademáis deberemos na medida do posible reducir o número de acubillos mediante enccalado das paredes, recebado das mesmas etc. Xa que as carrachas poden sobrevivir durante anos fóra do hóspede, é sumamente importante desinfectar os galiñeiros cando están baleiros entre rotacións.

O soplete empregado nas regandixas e aplicación de aceites de romeo, tomentelo ou árbore de neem son moi efectivos e son perfectamente compatibles con usos ecolóxicos.

Piollos de aves

Os piollos de galiñas e demais aves de curral son do grupo dos malófagos, é dicir alimentanse da pel e plumas das mesmas , estes acumulannse na zona de inserción das plumas , a sua presenza non pon en perigo inmediato a galiña , pero nótanse  inquietas e se a infestación é elevada podemos observar unha diminución da posta  de ovos  e diminución da inxesta de pienso. Os signos clínicos son a pérdida de plumas  e o picor , podémolas tratar megullandoas en vinagre , xa que o ácido acético que contén , queima os piollos.

Ácaro vermello das galiñas

O ácaro vermello é un parasito que, a diferenza doutros ácaros, chupa o sangue e, ademais da tensión que produce nas galiñas e outras aves de curral, pode transmitir enfermidades. E en condicións favorables (clima cálido e húmido) en sete días pode completarse o seu ciclo vital; por tanto, podemos atoparnos con grandes poboacións en pouco intervalo de tempo.

As consecuencias de ter este parasito hospedado nos nosos galiñeiros, implican tensións e molestia ás nosas aves, situacións que en moitos casos desembocan en baixada de defensas e, por tanto, orixínase o escenario propicio para sufrir un ataque de bacterias e as consecuentes enfermidades.

Cargas grandes de piollo das galiñas producen tamén anemia (crista e queixos pálidas), incluso a morte por perda abundante de sangue. O ácaro vermello, chega aos nosos galiñeiros a través de paxaros silvestres, persoas que van dunha granxa a outra, a través de cestas, cartóns, caixas… ou loxicamente se os porta algún animal novo que introducimos no noso galiñeiro.

O tratamento sería o mesmo que no casos anteriores , os insecticidas , tanto ecolóxicos como convencionais, así como a desinfección dos galiñeiros serven para conbatir  estas enfermidades.