Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Vilalba FS feminino faise coa Copa Deputación de Fútbol Sala e o Outeiro de Rei é subcampión masculino

Por 11 Setembro, 2018Sin comentarios

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, participaron este domingo no Pavillón Municipal dos Deportes de Lugo na entrega de trofeos aos equipos vencedores da 1ª Copa Deputación de Fútbol Sala, que organizou o Executivo Provincial coa Colaboración da Federación Galega de Fútbol. O gañador na categoría feminina foi o Peugeot Vilalba Futbol Sala, que se impuxo na final na rolda de penaltis a un gran Castro FSF tras un empate a tres goles.

Na categoría masculina, o subcampión foi o Outeiro de Rei, que caeu na final contra un Viveiro moi superior na pista (7-0).

Foron concretamente 16 equipos masculinos e 8 femininos os que xogaron nas sedes dos concellos da Pontenova, Meira, Outeiro de Rei, Ribadeo, Begonte, Rábade e Lugo.

Dende o Goberno da Deputación, e dentro da aposta pola promoción e impulso do deporte base, todos os participantes da Copa Deputación recibiron unha compensación económica, foran gañadores ou non, co fin de colaborar con todos e cada un dos clubs. Así, entregóuselles un premio económico de 310 euros por participar en cada rolda como local e 200 como visitante. Ademais, os gañadores da 1ª Copa Deputación de fútbol recibiron un premio de 1.000 euros, un trofeo e medallas, e os segundos clasificados, 600 euros.

Campos Conde remarcou que “con esta iniciativa buscamos fomentar unha modalidade deportiva que, dende hai máis de 25 anos, é un referente provincial. Por ese motivo, nace esta Copa Deputación de Fútbol Sala co principal obxectivo de ser un aliciente máis para o desenvolvemento dun deporte con tanta tradición na provincia”, sinalou.