Skip to main content
Actualidade

Comeza o programa de Deshabituación Tabáquica en varios concellos da Terra Chá

Por 15 Outubro, 2018Sin comentarios

Un ano máis o Servizo de Prevención aposta pola saúde da cidadanía a través do Programa de Deshabituación Tabáquica, coordinado polo Servizo de Prevención e dirixido pola Psicóloga da AECC de Lugo Roza Marina Zas Castro. O programa, que comezará o 22 de outubro, ofrece apoio terapéutico e diferentes vías de asesoramento ao longo de 7 sesións en semanas consecutivas e 3 a maiores de recordo para alcanzar e consolidar o obxectivo común: abandonar a súa adición ó tabaco.

Este logro persoal maniféstase xa no día a día dos ex-fumadores de terapias anteriores, nos que a mellora na calidade de vida, na superación persoal e no manexo emocional é unha realidade.

Os interesados en recibir máis información deberán dirixirse á Coordinadora do Servizo de Prevención Beatriz Traveso, á web www.prevenciondedrogas.es , a través do correo electrónico prevenciondrogas@rabade.org ou por contacto telefónico:

  • Luns – Concello de Outeiro de Rei – 982.393.281
  • Martes – Concello de Friol – 982.375.001
  • Mércores – Concello de Begonte – 982.396.012
  • Xoves – Concello de Castro de Rei – 982.314.034
  • Venres – Concello de Rábade – 982.390.062

O lugar, horario e número de grupos de cada actividade fixarase en función das inscricións recibidas en cada concello da agrupación.