Skip to main content
Actualidade

Curso de Marketing e compravenda internacional en Outeiro de Rei

Por 27 Decembro, 2018Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei ten concedida unha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria  para a impartición do certificado de profesionalidade Marketing e compravenda internacional, acción formativa que terá unha duración total de  768 h e que está previsto se desenvolva, sempre que exista demanda suficiente, do 4 de febreiro ao 20 de setembro  do 2019 no Centro Cultural de Outeiro de Rei en horario de tarde.

O obxectivo xeral deste curso de formación ocupacional é que as persoas participantes sexan capaces de obter e tratar información para o sistema de información de mercados elaborando a información de base para a aplicación das políticas de marketing-mix internacional e asistir aos procesos de negociación vencellados ao contrato de compravenda internacional utilizando, en caso necesario, a lingua inglesa ou outra lingua estranxeira.

Esta  acción formativa   está dirixida a persoas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, requisito que non é necesario para as persoas inscritas no Ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil. En todo caso, as persoas interesadas en participar deberán manifestalo á maior brevidade na Oficina de Emprego Lugo Sur.

Ao ser un curso de nivel 3, as persoas participantes deberán cumprir algún dos requisitos seguintes: título de Bacharelato, certificado de profesionalidade de nivel 3, certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional, cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grado superior ou ben ter superado as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas. Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 años e/o de 45 anos e ter as competencias clave necesarias, de acordo co recollido no anexo IV do RD 34/2008, para cursar con aproveitamento a formación correspondente ao certificado de profesionalidade

Pódese recibir máis información no servizo de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Outeiro de Rei.