Xurxo Souto presentará na Casa-Museo Manuel María a súa nova novela

Este sábado ás 19:00 horas o auditorio da Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei, acollerá a presentación  A gran travesía de Chiruca Macallás, unha novela personalísima de Xurxo Souto, cunha enorme forza do relato oral e a inclusión de elementos fantásticos e surrealistas que recrean a atmosfera gráfica de Urbano Lugrís.

A obra conta a viaxe dun barco que parte para o Gran Sol ao mando dunha muller, dona dun poderoso universo, que nos revela unha historia de superación.

Aproveitando a presentación do libro editado por Edicións Xerais, Xurxo dará a coñecer unha unidade didáctica elaborada por el e baseada na recolleita de cantos de traballo das mulleres do mar de distintas localidades de Galiza.

Etiquetas