Skip to main content
ActualidadePol TERRACHÁXA

Convocadas dúas prazas de albanel no concello de Pol

Por 24 Xaneiro, 2019Sin comentarios

O Concello de Pol vén de convocar dúas prazas para a contratación temporal de dous oficiais de primeira albaneis que prestarán servizos públicos esenciais para acondicionamento, mantemento e conservación do entorno de espazos públicos, áreas recreativas, roteiros e obras de reparación en xeral.

Os contratos serán de traballo temporal por obra ou servizo e a xornada laboral será completa cun horario que será establecido polo alcalde.

O sistema de selección dos aspirantes será por concurso de méritos, a través de proba práctica e entrevista persoal. En principio non se demandan ter ningunha titulación académica.

O prazo de presentación de candidaturas remata o sábado 26.