Skip to main content
ActualidadeAgro TERRACHÁXA

En Marea reclama medidas para evitar os baixos prezos do leite

Por 26 Xaneiro, 2019Sin comentarios

O deputado de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, presentou unha serie de cuestións dirixidas ao Ministro de Agricultura, Luis Planas, para reclamarlle a adopción de medidas destinadas a evitar que o sector lácteo galego continúe a ser o que menos cobra polo leite en orixe.

“O sector lácteo galego é o de maior peso na producción de leite no estado español xa que engloba ao 60% dos produtores a nivel estatal, mais, segue no furgón de cola en materia de prezos. É o que percibe os custes máis baixos do estado e está en torno a 5 céntimos por debaixo da media europea”. Para Fernán Vello é unha situación que debe abordar o Ministerio en coordinación coa Xunta para dar estabilidade ao sector. Neste sentido, lembra que aos gandeiros/as galegos/as págaselles en torno a 0,309 céntimos por litro mentras que por exemplo en Asturias custéase a 0,343.

Considera que deben aprobarse outras medidas máis alá da nova etiquetaxe da orixe dos produtos lácteos que entrou en vigor esta semana. “Unha medida sen lugar a dúbidas resulta positiva pero non suficiente, sobre todo porque ao tema dos baixos prezos do leite en Galicia, hai que sumar o constante peche de explotacións agro gandeiras no noso territorio.

Desde En Marea, subliña, “preocúpanos o progresivo peche de granxas de mediano e pequeno tamaño porque son as que fixan poboación en entornos rurais. Deben poñerse en marcha política activas”. Nesta liña, o deputado de En Marea pregunta polos dados de desaparición de explotacións agro gandeiras galegas nos últimos 3 anos. Pregunta polos motivos que se agochan tras os baixos prezos do leite que perciben produtores galegos. “A qué se debe? Non é posíbel efectivizar medidas que dean estabilidade aos prezos do leite en orixe?”. Así, salienta a necesidade de que “o noso sector se aproxime en prezos á media europea”.