Skip to main content
ActualidadePol TERRACHÁXA

O Concello de Pol convoca unha praza de enxeñeiro

Por 21 Febreiro, 2019Sin comentarios

O Concello de Pol vén de convocar unha praza de enxeñeiro como persoal laboral, contratación subvencionada ao abeiro do Plan Único da Deputación Provincial de Lugo.

A praza terá a ocupación de enxeñeiro, enxeñeiro Técnico Agrícola, Obras Públicas, Forestal, Enxeñeiro de Camiños, enxeñeiro de Montes, enxeñeiro Agrónomo, enxeñeiro Forestal ou similares.

A duración do contrato é de 7 meses, que rematarán como data límite o 30 de setembro e terá a categoría de temporal.

O obxectivo principal da contratación deste especialista é a de redacción de proxectos, memorias e informes, control e dirección de obras así como asistencia na comprobación e material de inversións e control das actividades extractivas de madeira nos montes e espazos forestais no Concello de Pol, todas aquelas que se correspondan co posto de traballo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 26 de febreiro.