Skip to main content
BegonteRiotorto

Varios concellos lucenses mellorarán as infraestruturas deportivas

Por 13 Marzo, 2019Sin comentarios

Os concellos lucenses de Riotorto, Castro de Rei e Begonte están a mellorar algunhas infraestruturas que serán obxecto de reforma ao longo deste 2019. 

En Riotorto, a pista de pádel será cuberta proximamente a través dunha axuda de 65.000 euros. Ademais, vaise a construir unha pista multideporte que terá un custo duns 30.000 euros. Así máis veciños de Riotorto sumaranse á práctica da actividade física.

En Castro de Rei, vaise construir un campo de adestramento cun orzamento de 230.000 euros, preto do campo de fútbol de Ribeiras de Lea, o Club Deportivo Castro na actualidade milita na Preferente Norte e conta con máis dun centenar de licenzas.

Por último, na área recreativa de Baamonde vaise instalar unha nova pista de pádel que contará cun orzamento total de 25.000 euros.