Skip to main content
Actualidade

O prazo para solicitar as axudas para Unidades de Atención Temperá estará aberto ata o día 10 de maio

Por 27 Abril, 2019Sin comentarios

O prazo para solicitar as axudas para o mantemento e posta en marcha de Unidades de Atención Temperá estará aberto ata o día 10 de maio, así os concellos poden concorrerlas, ben de maneira individual ou compartida mediante a fórmula de agrupacións, mancomunidades ou consorcios.

Tratase de servizos fundamentais para identificar, previr e actuar sobre os trastornos que poidan sufrir no seu desenvolvemento nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade, e lembrou que as axudas alcanzan o 90% do custo do equipo subvencionado, cun máximo de  entre 8.180 euros e 10.000 euros mensuais en función de se a xestión é individual ou compartida entre varios concellos.

A atención temperá facilita ferramentas para gañar autonomía xa desde a infancia para que os nenos e nenas gocen dunha maior calidade de vida cando sexan maiores. Así mesmo, ao actuar antes hai máis opcións de evitar que os trastornos no desenvolvemento perduren no tempo e sexa máis difícil corrixilos.

A Rede Galega de Atención Temperá, que regula a atención integral en atención temperá dos órganos da Administración xeral da comunidade, dispón de recursos nos ámbitos sanitario, educativo e dos servizos sociais.

Na provincia de Lugo funcionan na actualidade tres unidades: a primeira, con sede en Burela e compartida con Xove, Cervo, Foz, Ribadeo, Barreiros, Alfoz e Lourenzá. A segunda unidade comprende os concellos de Mondoñedo, Abadín, A Pastoriza, Riotorto e Trabada, con sede no primeiro municipio; e a terceira compártena Antas de Ulla e Portomarín.

O crédito inicial da presente convocatoria ascende a 1,6 millóns de euros, o que supón un incremento do 17,6% con respecto á do ano pasado. O obxectivo é tanto consolidar as unidades de atención temperá xa existentes como implantar outras novas.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o 10 de abril a convocatoria cos requisitos para beneficiarse destas achegas económicas, que contan co financiamento do programa operativo FSE-Galicia 2014-2020.