Skip to main content
Actualidade

Fago, logo aprendo!, unha nova edición do campamento científico da USC

Por 30 Abril, 2019Sin comentarios

O deputado Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, e a Vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto, presentaron a VII Edición do Campamento de Verán XuvenCiencia, un campamento dirixido ao alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, no que tamén poden participar rapaces e rapazas de 2º de bacharelato que xa participaran en anteriores edicións. Durante a presentación estiveron acompañadas da coordinadora deste campamento científico, Mercedes Novo.

O deputado destacou “é moi importante achegar aos rapaces este tipo de actividades, que fomenten o seu interese pola actividade científica, que é un motor da sociedade e do seu desenvolvemento, por iso o programa inclúe actividades como a creación de vídeos contra o ciberbullying ou o poñer en dubida os estereotipos de xénero”.

O campamento, que se celebrará do día 1 ao 5 de xullo de 2019, e no que poderán participar 150 prazas: 100 están dirixidas ao alumnado novo mentres que 50 resérvanse para os que xa participaron en edicións anteriores, presenta un programa de achegamento á ciencia a través de actividades e proxectos formativas e lúdicas no que se abordarán tamén temas sociais.

O programa divídese entre as actividades comúns, as que son para o alumnado novo e as dirixidas aos estudantes veteráns, polas mañás visitaranse centros e institucións colaboradoras polas mañás, durante as que os rapaces participantes deberán elixir entre os obradoiros e proxectos que máis se adapten as súas preferencias, as tardes están dirixidas a unha programacións máis lúdica como xincanas, visitas ou actividades musicais grazas ao programa Lumieira Acompaña.