Skip to main content
Actualidade

A Deputación subvenciona vinte colectivos que axudan a 3.500 familias

Por 1 Xuño, 2019Sin comentarios

O presidente en funcións, Darío Campos Conde, informou que a Deputación reforza a labor social da provincia colaborando cunha vintena de entidades que ofrece atención profesional a uns 3.500 veciños. Así o avanzou logo de manter un encontro con representantes de distintos colectivos sociais no que asinaron senllos convenios de colaboración por un valor total de 214.000 euros cos que financiar distintos proxectos sociais na provincia.

Campos Conde explicou que “con estas axudas contribuímos á actividade que estes colectivos desenvolven ao longo do noso territorio, ofrecendo atención profesional a milleiros de veciños e chegando onde as administracións públicas coas competencias non chegan. Dende a Deputación, iniciamos hai 4 anos un camiño que non ten volta atrás, o de reforzar o conxunto do tecido asociativo lucense no seu conxunto pois é de xustiza”.

Son un total de 16 entidades e colectivos sociais sen ánimo de lucro os que se benefician destas axudas:

– Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Lugo (AFALU) recibe 23.000 euros cos que realizar actividades de estimulación cognitiva e asumir parte dos custes do seu centro de atención.

– Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental (FEAFES), recibe 35.000 euros para un programa de intermediación laboral e prácticas laborais de ordenanzas.

– Integración Xitana recibe 10.000 euros para a rehabilitación de vivendas.

– Asociación Penitenciaria Concepción Arenal recibe 24.000 euros para un programa de reinserción laboral.

– Asociación Lucense de Axuda a Enfermos Mentais (ALUME) recibe 32.000 euros para un obradoiro de formación prelaboral e para a atención doméstica daqueles usuarios que viven no rural.

– Asociación de Dano Cerebral de Lugo (ADACE) recibe 12.000 euros para cubrir os gastos do centro de día da capital luguesa e para a contratación dun neuropsicólogo.

– Asociación de Persoas Xordas de Lugo (ASORLU) recibe 23.000 euros para a contratación dun intérprete.

– A Asociación Bonhomia recibe unha axuda de 2.000 euros para a posta en marcha na provincia de Lugo dun proxecto de sensibilización co que promover unha visión crítica sobre cuestións referidas ás desigualdades por razón de xénero, cultura, economía, etc.

– Asociación Somos Unidos contra el Cáncer recibe 3.600 euros para sufragar os gastos de aluguer dun piso de acollida para enfermos e familiares de persoas con esta doenza.

– Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Chantada (AFA Chantada) reciben 10.000 euros para a atención asistencial a persoas afectadas e aos seus familiares.

– Down Lugo recibe 12.000 euros cos que financiar o programa de promoción da autonomía persoal e social en vivendas comunitarias.

– Confederación Galega de Persoas con Discapacidade recibe 5.000 euros para financiar o proxecto de dinamización de asociacións de discapacitados da provincia.

– Asociación Lucense de Fibromialxia recibe 3.000 euros cos que colaborar na atención de persoas que sofren esta doenza.

– Asociación Escola Shantidi recibe 5.000 euros cos que colaborar en programas específicos de nutrición e escolarización de cativos en situación de marxinalidade na India.

– Asociación de Alcohólicos Rehabilitados de Chantada (ARCHA) con 7.800 euros para financiar o programa específico de atención a persoas con adición aos alcohol.

– Asociación de Persoas con discapacidade de Monforte de Lemos (AGORA) recibe 7.500 euros co que realizou actividades de estimulación cognitiva e habilidades sociais para persoas con discapacidade de Comarca de Lemos.