Skip to main content
ActualidadeXermade

O Concello de Xermade oferta cinco postos de traballo nunha brigada contra incendios

Por 17 Xuño, 2019Sin comentarios

Mañá, martes 18, remata o prazo para inscribirse na bolsa de emprego que abre o Concello de Xermade para a contratación laboral temporal dunha brigada para a loita contra incendios forestais.

Trátase de cinco postos de traballo, un xefe de brigada, 3 peóns de brigada e un peón condutor. O primeiro e o último teñen que ter o carné tipo B.

O Concello contratará a estas cinco persoas por un prazo de tres meses a tempo completo por quendas de luns a domingo. A contratación iniciarase o 1 de xullo e rematará o 31 de outubro.

O obxectivo do Concello é subvencionar a contratación cos fondos FEADER no marco do PDR de galicia 2014-2020, pero aínda está pendente a firma do convenio coa Consellería de Medio Ambiente.