Skip to main content
ActualidadeAgro TERRACHÁXA

Abre o prazo de inscrición para o curso de capacitación no sector do transporte da Deputación

Por 11 Xullo, 2019Sin comentarios

Aberto o prazo de inscrición para participar no Curso de Capacitación do Sector do Transporte, posto en marcha polo Executivo Provincial e a Asociación Empresarial Transportes Río Miño de Lugo (AETRAM). A través desta iniciativa, que conta con 15 prazas, desempregados lucenses recibirán a formación necesaria, de xeito gratuíto, para capacitarse como condutores profesionais no sector do transporte.

Os interesados poderán formalizar a súa inscrición ata o vindeiro 30 de xullo a través da axencia de colocación e deberán contar cos seguintes requisitos: ser maiores de 21 anos; estar en situación de desemprego e contar co permiso de conducir B.

O curso de capacitación para a formación integral de condutores profesionais, comezará o vindeiro mes de setembro e contará con 430 horas de formación. Os participantes recibirán a formación teórica e práctica necesaria para acadar os seguintes permisos: CAP; Permiso C; Permiso E; e Mercadorías Perigosas.

Para máis información e inscricións os interesados poden consultar o seguinte enlace: https://deputacionlugo.portalemp.com/

Formación gratuíta
Esta liña de formación e xeración de emprego que ofrece o Goberno da Deputación busca dar resposta ás demandas das empresas que pertencen ao sector do transporte. O Goberno Provincial decidiu pór en marcha esta programación en base a unha necesidade real do sector, co fin de conseguir incrementar o número de traballadores formados e crear emprego no rural. Este é o cuarto curso de capacitación que pon en marcha o Executivo Provincial, nos que xa se formaron máis de 50 desempregados lucenses no ámbito forestal e agrogandeiro.