Skip to main content
Actualidade

Outeiro de Rei organiza unha charla sobre o cancro de mama

Por 6 Setembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei en colaboración coa Asociación SOMOS unidos por el cáncer, organiza para o sábado 14 de setembro a charla Que é o linfedema nun cancro de mama?.

Esta charla será impartida en horario de 10.00 a 11.30 no salón de actos da Casa da Cultura, posteriormente, realizarase unha actividade de iniciación á marcha nórdica, un deporte con múltiples beneficios a nivel físico tanto para xente que padeceu cancro como para as persoas en xeral.

Ambas actividades son de carácter gratuíto pero é preciso anotarse para poder asistir, o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 10 de setembro de luns a venres de 10.00 a 14.30 nas oficinas da Casa da Cultura ou no teléfono 982 393 408.