Skip to main content
Actualidade

Centos de vehículos colapsaron as estradas en protesta polo peche da térmica

Por 2 Outubro, 2019Sin comentarios

Centos de vehículos saíron as rúas e estradas das Pontes para mostrar a súa repulsa á decisión de Endesa de non retomar a actividade na central térmica e programar o seu peche definitivo en próximas datas.

A Comarca, que se atopaba xa unida para reclamar unha solución ao Goberno central sobre a situación do sector en España, reaccionou con ímpetu ante o anuncio da empresa.

Preto de 900 vehículos foron os encargados de colapsar durante a tarde e noite de onte A AP-9 no seu paseo, ambientado por pitidos, bocinazos de bengalas de cores e petardos, ata Coruña. Pero non só colapsaron a autovía, tamén a outra vía alternativa, a Nacional VI, que fixo o mesmo percorrido.

[Best_Wordpress_Gallery id=”56″ gal_title=”Endesa caravana”]

Na comitiva participaron uns 180 camións, turismos particulares e de empresa, tractores, furgonetas e ata un coche fúnebre, que partiron do Canal IV ata a entrada da cidade da Coruña.

Centos de persoas acompañaron e saudaron á caravana desde as distintas pontes e viaductos que hai no tramo. De feito, as rúas tamén  contaron cunha gran actividade de protesta, en especial dende que se deu a coñecer o anuncio de Endesa.

Pero esta decisión no afecta só aos veciños da vila, xa que toda a comarca, así como as dos arredores, están afectadas por esta situación. Así, alcaldes da Terra Chá, xunto cos de Terras do Eume, Ferrolterra e Ortegal mostraron o seu apoio a esta movilización que procura “unha transición enerxética xusta”.

Pero as protestas non remataron con esta acción, xa que xa estaban previstas numerosas accións, que se recrudecerán tralo anuncio de Endesa. En principio, mañá haberá outra concentración fronte á central térmica ás 15.00 horas.

Tamén pola tarde a asociación de empresarios Seara das Pontes ten convocada unha asamblea extraordinaria para abordar o tema do inminente peche da central co alcalde e con representantes das confederacións de empresarios de Galicia, Coruña, Ferrolterra, Eume e Ortegal, ademais das asociacións dos polígonos de Sabón, Pocomaco ou Sete Pontes.