Skip to main content
ActualidadeVilalba

As Mulleres de Insua convocan dous concursos dentro da Tasca do Liño

Por 7 Outubro, 2019Sin comentarios

A Asociación de Mulleres Rurais de San Bartolomeu de Insua vén de convocar dous cursos con motivo da celebración da XI ddición da Tasca do liño, que terá lugar o 26 de outubro.

Así, repetirán o concurso de debuxo infantil Insua e o Liño dirixido a todos os pequenos entre 7 e 13 anos residentes na provincia de Lugo.

A organización establece como temática do concurso o cultivo do liño, a Tasca, as fías do liño ou calquera elemento relacionado coa manifactura tradicional testa planta. Para elo, os participantes poderán presentar un máximo dun debuxo acompañado dunha breve descrición.

O prazo de participación xa está aberto e permanecerá así ata o 19 de outubro xa que os premios serán entregados ao gañador no transcurso da feira do día 26. Ese mesmo día haberá unha exposición con todos os traballos presentados.

Os premios consistirán en vales de compra de material escolar, lote de libros e diploma. Para o primeiro será de 100 euros, para o segundo de 55 e para o terceiro de 35 euros.

Paralelamente este ano estrearase outro certame, nesta ocasión de narrativa curta, que ten como obxectivo involucrar aos mozos no coñecemento e recuperación do cultvio tradicional.

O relatos terán a mesma temática que os debuxos cun máximo de dúas carillas escritas en galego, en follas A4, letra Times New Roman, corpo 12, interiñado 1,5 e márxes de 2.5 centímetros.

Nesta ocasión, o concurso está dirixido a rapaces e rapazas de entre 14 e 18 anos. O prazo de entrega de orixinais remata tamén o 19 de outubro e os premios, que consistirán tamén en vales de compra de libros, entregaranse durante a feira.

CONVOCATORIA 2019. A parroquia de Ínsua no Concello de Vilalba acollerá o 26 de outubro a XI Tasca Tradicional do Liño coa que amosará o traballo do cultivo do liño.

A xornada contará con charlas sobre o liño que tratarán sobre os traballos comunitarios rurais ou “rogas” entre os que se atopan os traballos do liño, as relacións entre a veciñanza nas tascas do liño e as fías como reunións.

Tamén haberá animación musical con música tradicional e foliadas. Tampouco faltarán os postos de artesanía na feira con artigos textís, coiro ou madeira.

Ao longo de todo o día os presentes tamén poderán gozar con diferentes demostracións das tascas tradicionais do liño, comprar obxectos nos postos de artesanía, degustar o cacho que era a comida típica das tascas da zona, e visitar a exposición de fotografía dedicada a Insua e o liño.