A Deputación ofrece 14 novas actividades de educación ambiental gratuítas

A Deputación de Lugo impulsa novas actividades de educación ambiental no primeiro trimestre do ano para difundir a reserva da biosfera Terras do Miño. Entre os meses de xaneiro e marzo, o Centro de Interpretación Terras do Miño, o Centro de Interpretación da Lagoa de Cospeito e o parque Rosalía de Castro de Lugo acollerán 14 actividades gratuítas con 300 prazas, entre elas, xornadas sobre consumo responsable,  a calidade de augas e incendios, paseos guiados e cociña creativa, ademais de obradoiros de Entroido.

O prazo de inscrición para cada curso abrirase unha semana antes da realización do mesmo. A programación está dividida en varios grupos segundo as distintas idades dos participantes: actividades para familias, para o público infantil e para adultos.

As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades programadas deberán reservar a súa praza na páxina web www.deputacionlugo.gal ou en inscricions.deputacionlugo.org; a través do correo electrónico und.medioambiente@deputacion.org Poden tamén chamar ao teléfono 982 305 930 para obter máis información. As inscricións faranse por rigorosa orde de inscrición, ata cubrir as prazas ofertadas.

 

A programación

Todas as sesións celebraranse no Centro de Interpretación Terras do Miño, agás indicación contraria.

– Actividades para adultos

Xaneiro

11 de xaneiro – Plantas silvestres comestibles. De 10.00 a 14.00 horas. 20 prazas.

25 de xaneiro – Ungüentos e pomadas con plantas silvestres . Horario de 10.00 a 14.00 horas. 25 prazas.

Febreiro

1 de febreiro – Conservas artesanais de verduras. Horario de 10.00 a 14.00 horas. 20 prazas.

22 de febreiro – Produción e cultivo de plantas ornamentais . Horario de 10.00 a 14.00 horas. 20 prazas.

Marzo

21 de marzo – Equinocio de primavera: a eclosión da naturaliza nas tarefas agrícolas  Horario de 10:00  a 14:00 horas. 20 prazas.

28 de marzo – Xornada introdución ás boas prácticas  en fruticultura, o enxerto. Horario de 10.00 a 14.00 horas. 20 prazas.

– Actividades para familias

Xaneiro

18 de xaneiro – Consumo responsable e  actividades tradicionais. Horario de 10.00 a 14.00 horas.  20 prazas.

Febreiro

29 de febreiro – Calidade de augas e incendios. Horario de 10.00 a 14.00 horas. 20 prazas.

– Actividades infantís

Xaneiro

2, 3 e 4 de xaneiro – Inverno no centro de interpretación. Horario de 10.00 a 14.00 horas. 20 prazas (6 a 13 anos).

Febreiro

24 e 26 de febreiro – Entroido no centro de interpretación. Horario de 10.00 a 14.00 horas. 25 prazas (5 a 14 anos).

Centro de Interpretación da Lagoa de Cospeito

O calendario das actividades ambientais programadas para os vindeiros meses é o seguinte. Todas as sesións celebraranse no Centro de Interpretación da Lagoa de Cospeito, agás indicación contraria.

– Actividades para familias  

Febreiro

15 de febreiro – Paisaxes sonoras da reserva: lagoas e campiña invernais. Horario de 10.00 a 14.00. 20 prazas.

Marzo

7 de marzo – Entre flores: o cuco manso e outros narcisos. Horario de 10.00 a 14.00. 20 prazas.

Parque Rosalía de Castro

O calendario das actividades ambientais programadas para os vindeiros meses é o seguinte. Todas as sesións celebraranse no Parque Rosalía de Castro, agás indicación contraria.

– Actividades para familias 

Febreiro

8 de febreiro – Paseo guiado: os mundos do Miño. Horario de 10.00 a 13.00. 30 prazas.

Etiquetas