Bonos consumo Vilalba

Sindicatos convocan un paro de 24 horas en Endesa este martes

Os sindicatos UXT, CC.OO. e CIG convocaron un paro de 24 horas entre o persoal da central térmica de Endesa nas Pontes e entre as súas compañías auxiliares, para protestar polo anuncio da compañía eléctrica de solicitar o peche oficial das instalacións antes de poñer en marcha as novas probas con biocombustibles que se comprometeu a realizar. Será o vindeiro martes, día 14, e desenvolverase desde as seis da madrugada ata a mesma hora do 15.

No marco desta protesta levará a cabo unha manifestación polo municipio, que sairá ás doce da mañá da praza do Carmen e para a que se espera a colaboración dos comeciantes co peche do seus negocios.

Doutra banda, con este paro de 24 horas tamén se reclamará a constitución urxente da mesa de negociación para debater o futuro da central e tamén do municipio, no que participen as distintas administracións implicadas, Endesa e os sindicatos.

 

Etiquetas