Skip to main content
Actualidade

Outeiro de Rei comeza a instalación de contedores de biorresiduos

Por 14 Xaneiro, 2020Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei instalará un total de 175 unidades do quinto contedor, coa finalidade de facer desta fracción de lixo unha fonte de enerxía ou en compost de calidade.

A colocación e distribución do que se comezará a coñecer como contedor marrón en Outeiro de Rei comezará entre os grandes produtores, como supermercados, restaurantes, residencias de maiores, etc; mentres que a instalación nas áreas urbanas comezará na urbanización Santa Isabel, onde os veciños participarán nun proxecto piloto para avaliar a recollida dos biorresiduos.

Con esta decisión, Outeiro de Rei pasa a ser un dos primeiros concellos galegos en implantar este contedor, na liña dos obxectivos que marca Europa para conseguir unha xestión integral dos biorresiduos. Ademais, o Concello conta con punto limpo, acolleuse á bonificación do canon de Sogama e disporá de novos e máis contedores amarelos (envases lixeiros) e azuis (papel e cartón) co fin de facilitar e animar aos veciños a poñer en práctica unha correcta separación dos residuos urbanos.