Enquisa Mobilidade

Entregados os premios do programa Mercado de Nadal de Muimenta

A Asociación de Empresarios de Muimenta fixo entrega dos premios  da XI edición do programa Mercado de Nadal 2019, convocatoria que tivo lugar entre o 9 de decembro e o 5 de xaneiro e que organizou o colectivo empresarial para incentivar as vendas neste tempo de Nadal. A entrega tivo lugar no centro sociocultural Manuel Gesto de Muimenta.

Ao final apareceron doce premiados dos 15 repartidos, aos que lles corresponderá un vale de cen euros cada un. As papeletas gañadoras foron aquelas nas que coincidiron cos tres últimos números do primeiro da Lotería de Reis que se celebrou o pasado 6 de xaneiro e que recaeu no 57.342.

Os gañadores dos vales foron María Luisa de Vián, Sandra de Bazar, Vanesa e Outeiro, Teresa de Castro de Rei, José de Corbelle, Josefa, Manuela, Rosa e María de Muimenta, Lucina de Riotorto, Elena da Pastoriza e José Manuel da Rigueira.

Ditos vales, deben ser consumidos, coma sempre, nos negocios que pertencentes ao colectivo empresarial, antes do 20 de febreiro.

Etiquetas