Skip to main content
ActualidadeAgro TERRACHÁXA

Fruga asegura que desde o 2016 a renda agraria caeu preto dun 12%

Por 19 Febreiro, 2020Sin comentarios

FRUGA (Federación Rural Galega) asegura que nos últimos tempos se está a dar unha situación de deterioro nas condicións de económicas das persoas que viven do campo. “Desde o ano 2016 a renda en termos reais por unidade de traballo no campo, sufriu unha caída dun 11,8%. A suba dos prezos aos labregos e labregas subiu un 0,6%, porén para os e as consumidoras esta suba foi do 4,7%”, din.

Afirman que se chegou a esta situación, en parte polo mal funcionamento da cadea alimentaria, e a falla de vontade política para resolver o problema. “Desde as institucións estatais preferiuse non enfadar a industria e a distribución, que seguen a presentar importantes beneficios nas súas contas de resultados anuais”.

“Desde a Federación Rural Galega, parécenos que toda esta serie de problemas soamente se solucionan coa intervención política. A día de hoxe é preciso pór en marcha mecanismos de negociación interprofesional que permitan regular e intervir nos mercados agropecuarios, que traben os abusos da industria e da distribución, do contrario podemos asinar todos os acordos que se queiran, caso do acordo lácteo do 2015, e estes non terán ningún tipo de consecuencia positiva para produtores e produtoras”, afirman.

A Fruga non lle vale “que a administración agache as súas responsabilidades na Comisión Nacional de los Mercado y la Competencia para trabar calquera tipo de acordo interprofesional, que levara implícito unha negociación real dos prezos. Calquera tipo de acordo, ten que ter unhas garantías de cumprimento, do contrario a administración debe poñer en marcha toda unha serie de mecanismos que permitan sancionar a quen non respecte os acordo asinados, como acontece co acordo lácteo de 2015”.

Polo tanto, solicitan que en Galicia se restablezan todos aqueles organismos de interlocución que viñan funcionando en cada un dos sectores produtivos até a volta ao goberno da Xunta o PP.