Vilalba celebrará o 23 o Día de Rosalía

O domingo 23 de febreiro o Concello de Vilalba festexará o Día de Rosalía, homenaxeando á autora coa lectura dos seus poemas así como doutros autores nos que se fale da homenaxeada.

Esta iniciativa nace da colaboración entre o Concello de Vilalba, Culturalia GZ e a Asociación Cultural Caldaloba.

Os interesados en sumarse a esta lectura poden inscribirse enviando o seu nome, apelidos e título do poema que se lerá a info@culturaliagz.com ata o venres 21 ás 23:59h.

O recital terá lugar na praza da Constitución a partir das 12.00 horas.

Etiquetas