O restaurante Suso de Castro celebra o luns a seu baile anual de Entroido

Un ano máis, o restaurate Suso de Castro Ribeiras de Lea organiza unha cena baile con motivo do Entroido, que terá lugar o luns 24 a partir das 22.00 horas.

O menú esta noite centrarse no cocido e haberá tamén postre, viño e todos os acompañamentos para a cea.

A cea estará amenizada por un dúo e prolongarse ata altas horas da noite.

Os interesados poden reservar praza ata o sábado 22 no teléfono 982 310 037.

TUTE

Ademais, o restaurante organiza tamén unha nova edición do Maratón de Tute, que se desenvolverá o 28 de marzo a partir das 19.00 horas.

Cun máximo de 32 parellas, xa está aberta a inscrición deste torneo que terá un custe de inscrición de 80 euros por parella. A organización establece catro premios no grupo campión , que serán de 700, 300, 150 e 80 euros e outros catro de repesca, de 250, 150, 100 e 60 euros.

O interesados en incribirse poden facelo nos teléfonos 982 310 037 e 608 588 315.

Etiquetas