Enquisa Mobilidade

O Concello das Pontes convoca unha praza de técnico de inserción laboral

O Concello das Pontes abre hoxe o proceso selectivo para a contratación dun/dunha técnico/a de prospección e inserción laboral coa publicación, no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e na páxina web do Concello, das bases que rexen esta convocatoria de emprego público.

O obxecto da convocatoria e a selección dunha persoa funcionaria interina e a constitución e funcionamento dunha lista de agarda para contratar persoal coa categoría de técnico/a en prospección e inserción laboral no marco do Programa Integrado de Emprego do Concello das Pontes, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria

O sistema de selección será o concurso oposición e podrá presentarse calquera persoa maior de idade que estea en posesión do título de Diplomatura ou grao en Relacións Laborais, Licenciatura ou Grao en Dereito, Licenciatura ou Grao en Ciencias do Traballo e Licenciatura ou Grao en Psicoloxía, e similares.

As solicitudes poderán presentarse desde o 4 ata o 10 de marzo, ambos días incluídos, no Rexistro Xeral do Concello en horario de 8.30 a 14.00 horas (de luns a venres). Tamén poderán presentarse por calquera dos medios admitidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas (LPACAP).
Para obter máis información consultar o BOP 42 do 3 de marzo de 2020 ou a páxina web do Concello https://concello.aspontes.org/anuncio/seleccion-tecnico-a-prospeccion-e-insercion-laboral/

Etiquetas