Enquisa Mobilidade

Aberto o prazo de solicitude para alleamentos de madeira

O Diario Oficial de Galicia (DOG) xa publicou a orde da Consellería do Medio Rural que regula a tramitación electrónica dos alleamentos dos aproveitamentos forestais nos montes xestionados pola Comunidade Autónoma de Galicia. O obxectivo é axilizar os trámites administrativos para facilitar a xestión da venda de madeira.

Así, as solicitudes de participación nos alleamentos de madeira presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta, https://sede.xunta.gal. No proceso poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Seguidamente, para efectuar a oferta económica para a retirada da madeira deberase utilizar o modelo tipo correspondente por cada lote obxecto de alleamento. Neste caso, as solicitudes dirixiranse á Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da provincia onde teña lugar o alleamento.

Se algunha das persoas interesadas presenta a solicitude de participación de xeito presencial, requiriráselle que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

O obxectivo de instar aos interesados a presentar as súas solicitudes de participación nos alleamentos exclusivamente por medios electrónicos é axilizar o groso da tramitación precisa para facilitar o proceso de venda da madeira nos montes galegos xestionados pola Xunta.

Etiquetas