Dúbidas para o seguemento do plan de emerxencia nacional

O Goberno aprobou as medidas tomadas para o estado de alarma que se declarou o venres 13. Aínda que a recomanedación é quedarse na casa, existen excepcións.

Tan só se pose saír dun en un e nos seguintes supostos:

  • Mercar alimentos, produtos farmacéuticos e de primeira necesidade.
  • Asistir a centros sanitarios.
  • Desprazarse ao lugar de traballo.
  • Retorno ao lugar de residencia.
  • Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas vulnerables.
  • Desprazarse a entidades financeiras
  • Por causa de forza maior.
  • Calquera outra actividade debidamente xustificada.

Os establecementos que seguen abertos son:

  • Alimentación, bebidas, produtos e bens de primeira necesidade
  • Farmacias, ópticas e produtos ortopédicos
  • Produtos hixiénicos
  • Barberías e perruquerías
  • Prensa e papelería
  • Combustible
  • Estancos
  • Equipos tecnolóxicos e de telecomunicacións
  • Alimentos para animais de compañía
  • Comercio por internet, telefónico ou correspondencia
  • Tintorerías e lavanderías.
  • Clínicas veterinarias.

Os alimentos están asegurados?

Si, a distribución alimentaria está considerada un servizo esencial e coordínase coas plataformas de distribución.

Existen normas para facer a compra?

Evitar aglomeracións e manter un metro de distancia entre persoas. Ademais prohíbese consumir alimentos nas tendas.

Podo quedar cos meus amigos na rúa?

Non. O decreto recomenda saír á rúa dun nun, a non ser que sexa para acompañar a alguén que o necesite, polo que non se pode quedar para socializar na rúa.

Levar aos nenos ao parque?

Non. Recoméndase que os nenos permanezan en casa. As forzas de seguridade instan aos viandantes a que abandonen estas áreas recreativas.

Podo utilizar o coche

Permítese a circulación de vehículos particulares para a realización das actividades referidas no apartado anterior ou para a reposición en gasolineiras.

E facer deporte?

Non.

Podo ir ver ao meu familiar ou amigo á súa casa?

Non. Recoméndase non saír de casa tampouco para ir visitar a amigos, xa que desta forma propagaríase o virus. Se son dependentes, si se pode. Este é un dos supostos no que se poden realizar visitas domiciliarias.

Podo sacar a pasear ao meu can?

Si, mantendo as distancias e medidas de protección e seguridade. Sacar á rúa aos animais domésticos é unha das excepcións.

Podo ir a bares e restaurantes ou ao cine?

Non. Están pechados.

A biblioteca ou aos museos?

Non. Están pechados.

Ir a misa ou un velatorio?

A asistencia aos lugares de culto e as cerimonias condiciónanse á adopción de medidas organizativas consistentes en evitar aglomeracións de persoas, en función das dimensións e características dos lugares, de tal maneira que se garanta aos asistentes a posibilidade de respectar a distancia entre eles de polo menos un metro.

Poden saír os xornalistas á rúa para informar?

Os xornalistas poderán moverse para desenvolver o seu traballo e seguir informando á poboación.

E ao centro comercial?

Non, só os dedicados exclusivamente a produtos alimenticios, de hixiene ou limpeza.

Podo mercar comida online?

Si. O decreto permite o envío de comida a domicilio e non restrinxe o comercio online, telefónico nin os envíos postais.

Teño unha cita médica. Podo ir?

Se non é urxente e mellor pospoñela. Aínda que ir ao médico é un dos supostos polos que están permitidos saír á rúa.

Funciona o transporte público?

Si, os servizos de transporte con consideración de servizo público e que dependan das comunidades autónomas, manteñen os seus funcionamentos. Aínda que poden variar os horarios ou reducir servizos.

Os tren de proximida de manteñense polo momento ao 100% e os de media distancia quedan ao 50%.

En canto aos traslados entre a Península e as illas como Baleares ou Canarias estableceranse uns criterios específicos.

Podo saír da miña cidade?

A recomendación é non saír de casa e evitar os desprazamentos.

Canto vai durar?

De momento as medidas teñen unha vixencia de 15 días, aínda que poderán prorrogarse se fose necesario.

Poden multarme se non cumpro as normas?

Si. O incumprimento ou a resistencia ás ordes das autoridades competentes no estado de alarma será sancionado conforme ás leis, nos termos establecidos no artigo 10 da Lei Orgánica 4/1981, do 5 de xuño.

Teño síntomas, que fago?

As persoas que presenten síntomas respiratorios (febre, tose e sensación de falta de aire) estiveran recentemente (nos 14 días previos) nunha zona de risco ou tiveran contacto estreito cunha persoa que sexa un caso confirmado, deberán quedarse no seu domicilio e contactar cos servizos de saúde telefonicamente chamando ao teléfono 900 400 116. Contactar só telefonicamente co 061 nas emerxencias e casos graves.

Se pertence á poboación de risco como enfermo crónico ou inmunodeprimido así como no caso das mulleres embarazadas, advirta da súa situación cando chame.

Os servizos sanitarios valorarán o seu estado de saúde, o antecedente de viaxe e o posible contacto con casos de coronavirus.

O Sergas habilitou unha páxina web (www.coronavirus.sergas.gal) coa información básica e que poida axudar a orientar as dúbidas e evitar chamadas innecesarias a centros sanitarios.

Etiquetas