Skip to main content
Colaboracións TERRACHÁXA

De raposos pragas e enfermidades

Por 16 Marzo, 2020Xaneiro 30th, 2021Sin comentarios

Por Breixo González

Bos días, hoxe imos falar dun tema algo máis controvertido e que está as sair nos medios de comunicación : os campionatos de caza do raposo. E imos considerar os feitos  dende o punto  de vista da importancia do raposo para o medio ambiente e para a saúde publica e sacar as coclusións (aínda que molesten ).

O raposo é o principal depredador  de microfauna (animais pequenos) que temos en galicia  , é un gran depredador dos ratos de tódalas especies , e eses ratos xeran varios problemas se se descontrolan , para empezar os ratos son vectores (axentes que levan unha enfermidade ) de varias enfermidades que afectan aos seres humanos  e pola outra banda poden causar estragos en produccións agrogandeiras.

No caso dos danos , este feito veuse patente nos últimos meses rata teipa ou rata de auga setentrional  está  a causares problemas en varios concellos da montaña lucense. Acadando case máis de 2.000 hectáreas e 300 explotacións e tamén causando   danos nos prados  , afectando e baixando a a súa produción.

A maiores dos danos causados pola propia acción de alimentación dos ratos , un problema moito máis grave é que os ratos son vectores de enfermidades contaxiosas graves.

Os ratos son vectores e son grandes portadores de carrachas , as carrachas xa son perigosas de por sí  xa que ellas mesmas a traves do seu cuspe poden causar reaccións alérxicas.

Pero o maior perigo son as enfermidades que transmiten. Unha enfermidade transmitida as traverso dos roedores é a tularemia (enfermidade que se fixo coñecida polos medios fai uns anos pola praga que arrasou certas zonas de Castela polos “topillos”.

A Tularemia pode ser transmituida tamén por carrachas   que causa dende neumonias ata dores musculares e articulares .

A primeira e máis importante é a coñecida como Enfermidade de Lyme ou Borreliose: trátase dunha patoloxía infecciosa e multisistémica que no ser humano presentase de xeito variado pero dun xeito importante  a nivel cutáneo, neurolóxico, reumatolóxico ou cardíaco  producindo problemas como parálises , dor crónico , problemas graves nas articulacións , problemas no sistema nervioso do corazón (arritmias) e en casos moi graves ata a morte.

De feito un estudio Holandés demostrou que en zonas onde hai unha poboacions saudables de raposos , os ratos son menos “ aventureiros” e parece ser que collen menos carrachas co cal as densidades de carrachas nesaszonas é menor , reducindo así a probabilidade de que unha persoa poida ser contaxiada da enfermidade .

En Galicia está a aumentar os casos de contaxio da Enfermidade de Lyme, sabendo iso e cos datos cientificos  ( con cifras que as apoian ) que din que os raposos controlan os vectores   e sabendo que só en Galicia morreron arredor de 75,000 raposos no periodo 2011/2017, hai que facer a seguinte reflexión: Vos pensades que se debera permitir a caza dun nimal que nos está a protexer de estas enfermidades?