Skip to main content
Actualidade

Os concellos reducen a atención no Servizo de Axuda no Fogar pero suplen as axudas

Por 17 Marzo, 2020Sin comentarios

Debido á crecente alarma xerada polo coronavirus e ás limitacións impostas polos estados de alarma e alerta sanitaria declaradas polas autoridades competentes, os concellos veñen de tomar a decisión de restrinxir os servizos de axuda no fogar ao mínimo o que non implicaría a desatención xa que puxeron en marcha un servizo extraordinario de axuda a persoas que o necesiten como consecuencia das limitacións de desprazamentos.

As medidas que se tomaron consisten en por una parte suspender toda a atención presencial en Servizos Sociais centrándose unicamente na vía telefónica a través dos teléfonos municipais en horario de mañá principalmente.

No tocante ao Servizo de Axuda no Fogar a maioría optaron pola suspensión do servizo en aqueles casos nos que se recibe exclusivamente atención doméstica. Para aqueles casos que atenden ás persoas que non teñen coidador con eles mantense a atención igual.

Así mesmo, non se admiten novas altas, agás en caso de urxencia social.

Pero como os alcaldes e os responsables de Servizos Sociais aseguran estar preocupados polo benestar dos veciños cren que é imprescindible aumentar o servizo de atención aos veciños e dispoñer de liñas abertas de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas, salvo excepcións.

Aquel que precise dunha atención que non sexa médica terá o apoio do Concello para o asistir. O fundamento é que as persoas con dificultades como persoas maiores, dependentes e illados que non dispoñan de apoio familiar e social poidan ter a axuda da administración.

Así, tarefas cotiás como ir ao supermercado ou á farmacia poderán ser realizados por persoal de apoio do Concello.