Skip to main content
Actualidade

A USC publica unha guía para estar en forma sen saír da casa

Por 26 Marzo, 2020Sin comentarios

A actividade física reporta múltiples beneficios para quen a practica, dado que mellora da condición física, favorece o metabolismo, diminúe o risco de cardiopatías e outras doenzas, ao tempo que mitiga a ansiedade e mellora o estado de ánimo.

A actual situación de confinamento por mor do Covid-19 non implica ter que renunciar a estas vantaxes, segundo se recolle na guía Recomendacións de actividade física e vida activa no fogar, elaborada desde o Servizo de Deportes da USC e que podes seguir para poder seguir en forma na casa.