A Xunta elimina a autorización previa para a curta de eucaliptos e piñeiros en terreos protexidos

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a orde conxunta das consellerías de Medio Rural, Medio Ambiente e Infraestruturas pola que se aproban os novos pregos de condicións para a curta de eucaliptos e piñeiros en terreos con protección especial, polo que só será necesaria unha declaración responsable para facelas.

Deste xeito, o Goberno galego prevé que se presenten 15.000 declaracións responsables que antes debían tramitarse como autorizacións. As especies afectadas en terreos con algún réxime de protección ou por lexislación de protección de dominio público son eucalipto, piñeiro galego ou do país, piñeiro de Monterrei, piñeiro de Oregón e acacia negra.

De tal forma, a partir de agora non será necesario obter informe previo do órgano sectorial competente co fin de axilizar trámites, segundo destaca ou

Ademais, esta orde contempla tamén os condicionantes no tocante ás distancias de plantación recollidas na lei de prevención de incendios que teñen que cumprir as curtas das especies sinaladas en zonas de protección de estradas e de conservación do patrimonio natural.

 

Etiquetas