O PSOE di que o investimento do fondo de cooperación xa estaba previsto

O A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, Patricia Otero dixo que o delegado Territorial da Xunta na provincia de Lugo “converteuse nun gran vendedor de fume tras anunciar un investimento de 6,4 millóns de euros a través do fondo de cooperación para os concellos da provincia de Lugo”.

Otero lémbralle ao responsable provincial que “esta achega económica é un dereito que lle corresponden aos Concellos pola súa participación nos tributos da autonomía, neste caso a Xunta só actúa de intermediaria neste procedemento, polo tanto este fondo non é unha inversión da Xunta. Son recursos económicos que hai que transferir aos Concellos, en base a criterios obxectivos, os cartos que xa son deles”, remarca.

Así as cousas a secretaria provincial advirte que “este fondo de cooperación non é ningunha medida excepcional do Goberno de Feijoo para paliar o COVID-19 na provincia. Todos os concellos están traballando a reo para saír adiante nesta situación tan complicada, e o que menos precisan agora mesmo as veciñas e veciños da provincia de Lugo son enganos e manipulacións do PP neste asunto”, resumiu.

Etiquetas