Crean o grupo Merca na Terra Chá para incentivar os negocios da comarca

Comercios da Terra Chá veñen de poñer en marcha unha iniciativa nas redes sociais para poñer en valor os distintos negocios da comarca, a maioría dos cales tiveron que pechar as súas portas dende mediados de maio polo problema da alerta sanitaria.

Así, en Facebook creeouse un grupo co nome de Merca na Terra Chá no que están invitados a participar todos os negocios da comarca, así como veciños e residentes. O obxectivo é que o usuarios lembren que teñen un comercio de proximidade ao que recurrir cando a situación mellore.

Así, tamén serve de plataforma para que os autónomos e empresarios fagan chegar a súa situación e presenten o seu negocio e “podan darse a coñecer , para cando todo esto pase intentar mercar o máximo no noso entorno e axudarnos entre todos”.

No grupo está prohibido as polémicas políticas, os cruces de acusacións e os bulos, para centrarse no apoio do sector nestes momentos difíciles. Por iso porán en marcha cadeas de axudas para aqueles que teñan problemas de subministro ou de calquera outro tipo e están en procedo de expandirse para chegar a todos os rincóns e impedir deste xeito “o peche definitivo dos negocios chairegos”.

Etiquetas