Axencia de colocación

O Concello de Vilalba organiza un curso con Tik tok

O Concello de Vilalba vén de organizar un novo concurso a través das redes sociais co obxectivo de dinamizar a actividade para os que están nas súas casas.

O novo concurso está baseado no uso de Tik Tok, ferramenta que incrmentou o seu uso neste tempo de confinamento.

Así, as normas do concurso establen que os Tik Tok deberán ter unha duración de 15 segundos como máximo e deberán enviarse por WhatsApp ao número 639946307. Poden enviarse varios por persoa, pero tan só se contará cunha participación no sorteo.

Os premios serán dous bonos de 60 euros a gastar nalgunha tenda de Vilalba (no momento no que se poda realizar a compra). Haberá 2 persoas gañadoras, un bono para cada unha, e o sorteo realizarase a través dunha app.

A data límite de envío será o vindeiro domingo 26 de abril. O luns 27 compartiranse nas nosas redes, e o martes 28 daranse a coñecer os gañadores.

Etiquetas