Terras do Miño pide a colaboración cidadá para o libro ‘Poemas da Biosfera’

Desde a Reserva da Biosfera Terras do Miño e a Deputación de Lugo están a traballar nun libro titulado Poemas da Biosfera, no que invitan a participar a toda a poboación.

Así, aqueles entusiastas da literatura poden enviar poesías, rimas ou lendas tradicionais curtas do territorio ao email: terrasdomino@deputacionlugo.org.

O obxectivo é recopilar entre todos estes versos que falan da terra, as súas xentes, tradicións, paisaxe, biodiversidade… “Recopilar as xoias literarias que nos unen”

Etiquetas