Axencia de colocación

Feijóo avanza que as eleccións galegas poderían ser en xullo

hdr

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou a posibilidade de celebrar as eleccións ao goberno autonómico durante o mes de xullo xa que considera que “prorrogar a lexislatura máis dos catro anos” sería a “peor solución” e aposta por “buscar fórmulas” para poder celebrar as eleccións antes do mes de outono xa que hai perigo de que se produza un rebrote do coronavirus

O presidente galego alega diferentes motivos para non ir máis aló do mes de outubro, xa que nunca se fixo, non hai ordenamento xurídico, desaparecería o equilibrio entre os distintos poderes que se abriría un proceso incerto.

Por todo iso, considera que “dentro da incerteza na que vivimos desde o punto de vista sanitario, temos que aproximarnos ao escenario que nos dea maior certeza sanitaria para poder facer eleccións”.

Prevé que serán “eleccións con dificultades, con distanciamento social, con colexios electorais máis amplos dos que temos, con lugares onde haxa menos aglomeracións e cunha campaña importante de voto por correo”, en definitiva, “con fórmulas para poder exercer os dereitos fundamentais” da cidadanía como é o dereito ao voto, sinalou Núñez Feijóo.

Aínda que non marca unha data no calendario, sinalou que “o risco de rebrote no outono ou inverno é máis previsible” que noutra época do ano e que isto daría lugar a que “en outubro puidésemos estar en estado de alarma” outra vez con “un risco sanitario superior”, polo brote de gripe co que pode coincidir.

Etiquetas