Convocadas as axudas para programas de inclusión social

Ata o día 11 de xuño poden solicitar as axudas convocadas pola Administración galega para financiar actividades de inclusión social, dirixidas ás persoas e familias en situación ou risco de exclusión.

As entidades sociais que resulten beneficiarias destas axudas, quie están dotadas con 18,3 millóns de euros, poderán destinalas a cubrir gastos de funcionamento dos centros de inclusión e emerxencia social, así como actuacións singulares que complementen os servizos sociais básicos. Estas achegas tamén se poden destinar ao financiamento de servizos de formación adaptada; intervencións en zonas de exclusión e apoio á inclusión sociolaboral; actuacións de inclusión da poboación inmigrante e investimentos en centros de inclusión e emerxencia social.

O reforzo desta orde de axudas contribuirá a paliar as consecuencias que está a ter a pandemia do COVID-19 nos colectivos máis desprotexidos, como son as persoas sen fogar, en risco de exclusión ou inmigrantes.

Etiquetas