Enquisa Mobilidade

Ecolec realizou a recollida de 1.668 toneladas de residuos electrónicos no primeiro trimestre do ano

Fundación Ecolec, organización sen ánimo de lucro que centra a súa actividade na reciclaxe de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), xestionou en Galicia durante o primeiro trimestre de 2020 un total de 1.668 toneladas deste tipo de residuos. Esta cifra supón un aumento das previsións de recollida que a organización estimara para este período en Galicia. Continúa Ecolec desenvolvendo o seu labor a pesar da crise sanitaria da COVID-19, aínda que estiman que será moi difícil alcanzar os obxectivos ecolóxicos fixados para 2020: a pesar de que a recollida, xestión e tratamento de residuos considerouse polo Goberno actividade esencial, o peche dos establecementos de venda de electrodomésticos vai lastrar as vendas destes produtos e, por conseguinte, a xeración de residuos.

Con todo, a situación de confinamento que estamos a vivir desde hai varias semanas está a conlevar un cambio nos nosos hábitos, intensificándose, por exemplo, o uso de Aparellos Eléctricos e Electrónicos (AEE). Como sinala o director xeral de Fundación Ecolec, Luís Moreno Xordana, “o confinamento brindounos a oportunidade de dedicarnos a actividades que tiñamos aparcadas, por exemplo, a repostería ou relacionarnos de forma diferentes cos nosos familiares, amigos ou achegados; así, usamos máis os nosos electrodomésticos para cociñar, ou usamos cámaras e computadores persoais para facer videollamadas”.

Ao estar pechadas as tendas de electrodomésticos, a compra destes produtos está a levarse a cabo vía online. Por este motivo desde Fundación Ecolec lémbrase que “na venda en liña o consumidor conta cos mesmos dereitos que no caso de adquirir un aparello eléctrico e electrónico nunha tenda física: o vendedor está obrigado a retirarlle sen cargo o aparello substituído e a realizar unha correcta xestión do residuo”. E para garantir a saúde e seguridade desde os puntos de xeración de RAEE, plataformas loxísticas e os puntos limpos que se atopan abertos, “extremáronse as medidas de seguridade mediante o uso de luvas, máscaras, lavado de mans antes e despois da recollida e mantendo a distancia interpersoal recomendada polas autoridades”, aclara Moreno Xordana.

Cuarta comunidade con maior cantidade de RAEE recollida en 2019

En 2019 a Fundación Ecolec xestionou en Galicia un total de 6.868 toneladas de RAEE, posicionándose como a cuarta comunidade con maior cantidade recollida deste tipo de residuos. Con esta cifra de residuos xestionados conseguiuse recuperar á súa vez 3.918 toneladas de metais férricos, o equivalente a seis veces a Torre de Hércules, os cales foron reintroducidos novamente no ciclo produtivo.

No ámbito nacional, Ecolec superou en 2019, por terceiro ano consecutivo, os 100 millóns de quilogramos de RAEE correctamente xestionados alcanzando a cifra das 123.556 toneladas, un 7,83% máis que o ano anterior. Unha cifra que só é posible a través da colaboración que mantén a Fundación cos diferentes axentes: fabricantes, administracións públicas, xestores de residuos e asociacións de comerciantes e distribuidores de electrodomésticos.

Sobre a Fundación Ecolec

A Fundación Ecolec é unha organización sen ánimo de lucro que nace para a defensa do medio ambiente e ten un firme compromiso co desenvolvemento sostible. O seu obxectivo é organizar de forma eficiente a recollida, o tratamento, a valorización e a eliminación dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) e residuos de pilas e acumuladores, garantindo a responsabilidade ampliada dos produtores incorporados. A organización conta coa certificación ISO 9001 de calidade e ISO 14001 de medio ambiente, é Organizational Stakeholder de Global Reporting Initiative e socio do Pacto Mundial das Nacións Unidas. Durante tres exercicios consecutivos, 2017, 2018 e 2019, Ecolec foi o primeiro e único sistema colectivo de responsabilidade ampliada do produtor de aparellos eléctricos e electrónicos (AEE) en xestionar máis de 100 millóns de quilogramos de RAEE xestionados conforme ao RD 110/2015 en cada un dos citados exercicios.

Etiquetas