Skip to main content
ActualidadeAgro TERRACHÁXA

Comeza unha nova campaña para impulsar o produto agroalimentario

Por 18 Maio, 2020Sin comentarios

A distribución alimentaria vai reforzar e implementar a campaña de comunicación #VoudeSúperFeirón nas redes sociais cunha orientación orixinal e participativa para fomentar o consumo de produtos do agro galego no fogar a través de receitas gastronómicas.

Con este novo impulso -que se porá en marcha nas vindeiras semanas- trátase de animar a que cadaquén, desde a súa casa, elabore receitas con produto agroalimentario galego e que as presente a través das súas redes sociais co cancelo #FeirónNaCasa. A idea é potenciar e poñer en valor a despensa galega nos fogares, nun momento no que aínda existen dificultades para comercializar as producións do agro galego en canles como as da hostalería e a restauración, malia que se vai avanzando pouco a pouco.

Con esta idea naceu nun primeiro momento a canle Mercaproximidade á que se sumaron 450 gandeiros, agricultores e industrias, así como a práctica totalidade das cadeas de distribución que operan en Galicia, ata un total de dez. Por este motivo, agradeceu, unha vez máis, a súa colaboración a Gadis, Froiz, Vegalsa-Eroski, El Corte Inglés, Carrefour, Grupo Cuevas, Lidl, Alcampo, Coviran e DIA.

A intención de Mercaproximidade foi impulsar a venda do produto galego, en especial cando se suspenderon os mercados locais, unhas feiras das que moitos dependían para vender os seus produtos e que paseniño van retomando a súa actividade por toda Galicia, así como cando pechou a hostalaría e a restauración, e moitos outros quedaron sen a súa principal canle de comercialización.

Así mesmo téntase apoiar o labor que, día a día, sen descanso, os produtores do rural levan a cabo para que na mesa non falte de nada.

Mercaproximidade conta tamén coa súa vertende solidaria, xa que a partir desta canle estanse a mercar numerosos produtos agroalimentarios para cederlles a hospitais, comedores e outras entidades sociais de toda a comunidade.