Enquisa Mobilidade

Feijóo convoca as eleccións autonómicas para o 12 de xullo

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa tras o Consello afirmou que a situación que atravesa Galicia con relación ao coronavirus permítelle convocar eleccións, algo permitido tamén no estado de alarma. Asi, confirmou que a data escollida será o 12 de xullo.

“Os expertos sanitarios están de acordo que é menos inseguro convocar as eleccións antes de recibir os turistas no verán”, argumentou o líder do PP. Feijóo destacou que “boa parte” veñen de Madrid e Castela e León, zonas con máis coronavirus.

Un dos catro informes médicos pedidos pola Xunta advirte que nos próximos meses podería haber un rebrote moderado en breve debido ao relaxamento da corentena. A pesar disto, o mandatario insistiu en que “todos” os expertos sanitarios recomendan convocar canto antes.

Feijóo recoñeceu que PSOE, Podemos e BNG mostráronse en contra de celebrar as eleccións o próximo mes.

O mandatario dixo que tiña elixir entre a opinión dos seus rivais e a dos “expertos sanitarios”. Feijóo aposta por seguir o consello de 3 dos 4 informes encargados, que ven menos risco en xuño que máis tarde.

O presidente do PPdeG recoñeceu que o virus seguirá presente en xuño. Feijóo insistiu que non podía aprazar máis os comicios, cando a lexislatura acaba en outubro.

O político conservador acusou ao PSOE de contradicirse, por apoiar as eleccións no País Vasco pero non en Galicia. En Euskadi, o PP non está de acordo con convocar comicios agora.

Etiquetas