Axencia de colocación

O poeta e contador de historias Lois Pérez, este luns no ciclo en liña As Letras na rede

O poeta e contador de historias Lois Pérez actuará  este luns no ciclo cultural en liña As Letras na rede, organizado pola área de Cultura da Deputación de Lugo para celebrar o Día das Letras  Galegas e apoiar ao sector cultural da provincia.

A partir das 19.00 horas, as redes sociais e a canle de Youtube da  Vicepresidencia da Deputación de Lugo difundirán a actuación do poeta  lucense, que ofrecerá un anaco de “Lirica Piringalla”, un entremés do  proxecto “Lugo Philadelphia”  que combina poesía, música, narración oral  e humor.

Ao longo das próximas xornadas, ata o 27 de maio, As Letras en rede  ofrecerá concertos e espectáculos escénicos de  Davide Salvado, Ugia  Pedreira, Raiceira, Pepe Vaamonde Trío, Lois Pérez, Olga Novo, Marina  Oural, Mamá Cabra, Ana Carreira e Mircromina Teatro.

Etiquetas