Bonos consumo Vilalba

Reabren as oficinas municipais pero só con cita previa

Nalgúns casos dende hoxe e noutros a partir de mañá, as oficinas municipais dos diferentes Concellos da Terra Chá reabren de novo ao público mantendo os seus horarios habituais de mañá e tamén nos que tiñan servizo pola tarde como o de Friol.

Así concellos como Vilalba, A Pastoriza, Xermade, Guitiriz ou Friol xa anunciaron á volta ao traballo pero mantendo diferentes métodos de contención como atendendo soamente previa cita telefónica. Nestes casos, xa se realizaron previamente as tarefas de limpeza das instalacións municipais.

Etiquetas