Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Xermolos convoca unha nova edición do certame Terra Chá do festival de Pardiñas

Por 28 Maio, 2020Sin comentarios

A asociación Xermolos de Guitiriz ven de abrir o prazo para o XLI Certame Terra Chá de creación infantil e xuvenil, un concurso vinculado ao Festival de Pardiñas. Poderán participar obras nas seguintes especialidades: contos, debuxo, poesía, teatro, documentais, fotografía, cómic, murais, grafiti, vídeo-creación, improvisación oral, regueifas e rap.

Haberá dous grupos de premios da mesma calidade e cantidade, uns para os alumnos dos centros educativos da comarca chairega e, os outros, para aqueles que cheguen desde colexios, escolas ou institutos doutras partes de Galicia.

Os galardóns concederanse nos niveis de educación infantil, nos tres ciclos de Primaria, os dous de Secundaria e en bacharelato e FP. Haberá premios para os tres mellores de cada nivel e especialidade, que se repartirán en material e libros valorados en 60 euros para o primeiro; 50, para o segundo, e 30, para o terceiro. Tamén haberá premios para os traballos colectivos, todos eles con lotes de libros.

Os interesados en participar no XLI Certame Terra Chá deberán enviar os seus traballos ás direccións dos centros de ensino ou ben envialos a Asociación Xermolos ou por correo electrónico a xermolos@xermolos.org. Tamén teñen a súa disposición o partodo de correos 4 co código postal 27300 de Guitiriz ou o teléfono 646.41.38.90.

O prazo para enviar as obras estará aberto ata o próximo 30 de xuño e os premios entregaranse durante o Festival de Pardiñas.