Skip to main content
Actualidade

Galicia entrará en Fase 3 o luns

Por 5 Xuño, 2020Xuño 8th, 2020Sin comentarios

As catro provincias galegas entrarán na fase 3 a partir do próximo luns, día 8 de xuño, data a partir da que a Xunta de Galicia xestionará as medidas da desescalada e polas que se prevé que se permita a tan demandada mobilidade entre provincias.

O ministro de Sanidade, Salvador Illa, na rolda de prensa posterior á reunión do Consello Ministros foi o que anunciou o cambio de fase, que supón un novo alivio nas restricións para a cidadanía.

A medida mási destacada é que o Goberno permite que sexan os presidentes dos gobernos autonómicos os que xestionen a mobilidade no interior de cada comunidade. Por iso, prevese que a Xunta autorice aos galegos moverse entre as catro provincias.

As principais medidas son:

-A mobilidade entre provincias (pendente do que estableza Feijóo)

-Desaparecen as franxas horarias por colectivos

-O comercio pode estar ao 50% do aforo

-Bares abertos e terrazas ao 65% do aforo

-Abren as zonas comúns en hoteis

-Aforos en centros culturais e recreativos (bibliotecas, museos, monumentos, casinos, etc…) ao 50% de capacidade.

-Se permiten grupos de ata 30 persoas ao aire libre

-Adestramentos deportivos por quendas e sen compartir material

-Velorios e enterros permítense 50 persoas ao aire libre e 25 en espazos pechados

-Lugares de culto ao 65% do aforo

-Vodas cun máximo de 150 persoas

-Congresos tamén un máximo de 80 asistentes

-Actividades infantís ata 200 participantes