Skip to main content
Colaboracións TERRACHÁXA

Sobre a biodiversidade

Por 12 Xuño, 2020Xaneiro 30th, 2021Sin comentarios

Por Breixo González

Moito se esta a falar estes días de que o coronavirus é consecuencia da perda de biodiversidade, e ímolo explicar e demostrar que o problema témolo na propia Terra Chá.

Cando o medio natural (e aquí imos falar da Terra Chá) non ten problemas de pragas ou enfermidadesé que non sufre ningún tipo de estrés, como sabemos que un becerro de cebadeiro ten máis probabilidades de enfermar que un becerro que viva criado nun prado.

No caso de outras enfermidades que sairon nas noticias, como por exemplo do ébola ou o caso do coronavirus hai dous grandes marcos que explican a aparición e a transmisioón dende animais a humanos.

No caso do ébola, débese a deforestación brutal que se está a levar a cabo en moitas zonas de África para a extracción de madeiras de alto valor e a megamineria de metais “raros” para seu uso na tecnoloxía, esto fixo que os morcegos e outros animais que poden ser vectores da enfermidade quedasen sen fogar levandoos a buscar acubillo perto ou incluso nas propias zonas habitadas por humanos establecendose un contacto moi estreito entre a fauna salvaxe e os humanos, facilitándose a transmisión animal-humano.

No caso do coronavirus polo que agora se sabe é que a orixe está moi problablemente nos coñecidos como mercados húmidos onde se concentra a venda de animais vivos (domésticos e silvestres) para o seu consumo e sen ningún control veterinario.

A Terra Chá por desgraza, e axudada por unhas nefastas políticas co medio rural que levamos sufrindo dende fai décadas, estámos a entrar no primeiro marco de risco zoonósico (os servizos veterinarios públicos, as campañas de saneamento, o traballo das ADSG, os veterinarios clínicos e os controis veterinarios nas industrias alimentarias , fan case imposible entrar nos riscos que se dan na china).

Por qué dicimos que estamos entrando no encuadre de transmisión por deforestación?

Pois ben, nestes últimos anos a Terra Chá está a sufrir cambios moi drásticos no seu medio ambiente, por un lado estamos vendo a expansión descontrolada das plantacións de eucalipto (en terreos agrícolas, praderías, fragas, bosques de inundación, brezais húmidos…) en moitos casos ilegais, que están a reducir a superficie de hábitats para a fauna silvestre , esa presión tamén afecta as ganderias que teñen que talar fragas ou roturar toxeiras ou brezais para conseguir terreo agrícola así como talar as árbores dos valados para gañar uns poucos metros de terreo e a intensificación neses terreos para sacar varias colleitas na mesma parcela sen deixarlle descanso e tempo para recuperar. As concentracións parcelarias tamén tiveron a súa parte na destrucción do mosaicismo (mosaicos de parcelas agrícolas, prados e árbores autóctonas) que eran caracteristicas da nosa comarca.

Todo isto fai que a nosa fauna salvaxe se vexa empurrada cada vez máis en menos espacio (aumentando a transmisión de enfermidades infecciosas entre eles) e tamén aumentando ainteracción cos humanos e o noso gando (co conseguinte aumento de risco de transmisión de zoonoses), outro problema é que moitos depredadores tanto carnivoros como insectívoros ven reducidas as posibilidades de reproducción e o ir minguando as súas poboacións fai que o seu papel para contrarestar as pragas sexa insuficiente (como se veu fai pouco na montaña coa praga de ratos nos prados).

Todo isto fainos pensar que temos que afondar no concepto de One Health e que sen un medio ambiente san, non hai nin saúde animal nin saúde humana, e se non queremos vernos avocados a ser azoutados por pandemias de xeito repetitivo, temos que cambiar a nosa relación co medio ambiente e teñen que cambiar as políticas de que todo vale e que se debe facer cumprir a lei e mellorar a protección do noso patrimonio natural e paisaxístico e impulsar unha actividade agrogandeira e forestal sostible e non o modelo curtopracista e de pouco valor engadido que temos na actualidade.