A miña familia pola túa abre o casting da segunda tempada

Xa está en marcha o casting da segunda tempada de A miña familia pola túa. Trátase dun formato de DLO Magnolia e OUTRO La Región para Televisión de Galicia no que, durante unha semana, dúas familias intercambian ás nais. 

A miña familia pola túa apareceu na grella da TVG para que dezaseis familias viviran unha experiencia inesquecible. O formato chegou aos fogares galegos tras triunfar noutros lugares como Francia ou Estados Unidos. E aquí o éxito non foi menor, xa que na súa emisión o programa mellorou a audiencia da canle na franxa e no día de emisión e logrou captar a atención dun público novo. 

Por iso o equipo de casting de A miña familia pola túa xa está a buscar participantes para a segunda tempada. Para apuntarse ou calquer dúbida haberá que contactar polo Facebook e Instagram do programa @aminafamiliapolatua ou no teléfono 682 681 128. 

Etiquetas